Actividades

Fortaleza de O Castro

En busca dos edificios perdidos

En busca dos edificios perdidos

Actividade para que familias con nenos/as entre 5 e 12 anos descubran a historia da Fortaleza dun xeito lúdico e participativo. Comeza cunha introdución adaptada aos pequenos/as, seguido dun xogo de pistas para coñecer a Fortaleza xogando. Obrigatorio que os cativos estean acompañados por al menos un adulto.

Domingo · 11:00h · Duración 90 min

Próxima cita: Domingo 22 nov · 11:00hReservar
As fortificacións de Vigo. Do monte de O Castro á Vila fiel, leal e valerosa

As fortificacións de Vigo. Do monte de O Castro á Vila fiel, leal e valerosa

Durante 180 m., neste itinerario que vai do Monte de O Castro ata o Castelo de San Sebastián, no alto do Casco Vello, introduciremos ao público no proceso de fortificación da vila, que se remonta a prehistoria e remata no século XIX. Imos a adentrarnos na historia dos orixes da cidade que tivo lugar no monte coa primeira ocupación humana relevante cun poboado fortificado e como evolucionou cara unha vila amurallada ata ben entrado o século XIX. Para relatar 2.300 anos de historia do monte e a súa vinculación coa vila, o Concello de Vigo desenvolveu varios proxectos de Musealización -en 2009 no xacemento castrexo e en 2023 na propia fortaleza- que tivo como obxectivo recuperar una parte da nosa historia que estaba escondida entre árbores e espazos de lecer.

Sábado · 16:00h · Duración 180 min

Próxima cita: Sábado 14 nov · 16:00hReservar
1719 Invasión e asedio de Vigo

1719 Invasión e asedio de Vigo

Durante esta visita percorreremos máis de 360 anos de historia dunha das construcións máis emblemáticas de Vigo. Esta fortaleza desempeñou un papel fundamental na defensa da cidade en diferentes momentos da súa historia e constitúe unha das mellores testemuñas da evolución militar e urbana de Vigo.

Sábado · 12:30h · Duración 90 min

Próxima cita: Sábado 14 nov · 12:30hReservar
360 anos de Historia da Fortaleza

360 anos de Historia da Fortaleza

Coñecerás a fortaleza e o seu salto tecnolóxico na Idade Moderna co uso das armas de fogo. Percorrerás os recintos defensivos, a galería subterránea ata o patio de armas e a antiga polvoreira, onde visualizaremos un audiovisual

Sábado · 11:00h · Domingo · 12:30h · Duración 90 min

Próxima cita: Sábado 14 nov · 11:00hReservar
Visita á Fortaleza e ao xacemento arqueolóxico de O Castro

Visita á Fortaleza e ao xacemento arqueolóxico de O Castro

Visita conxunta aos dous equipamentos: A historia de Vigo está fondamente ligada ao monte do Castro, onde se poden ler as diferentes capas da Historia. Nesta actividade, o público realizará unha inmersión na historia deste lugar, un espazo estratéxico desde hai máis de dous mil anos.

Martes · 16:00h · Duración 120 min

Próxima cita: Martes 17 nov · 16:00hReservar

Xacemento arqueolóxico de O Castro

Visita ao Xacemento arqueolóxico de O Castro

Visita ao Xacemento arqueolóxico de O Castro

Descubre la historia de nuestros antepasados explorando las ruinas y restos arqueológicos conservados en el poblado castreño de O Castro.

Venres · 17:00h · Duración 60 min

Próxima cita: Venres 13 nov · 17:00hReservar

Villa Romana de Toralla e Centro de Interpretación Mundo Romano

Misterio na Villae Romana de Toralla

Misterio na Villae Romana de Toralla

Durante unha celebración na Villae romana de Toralla, unha valiosa peza cerámica desaparece misteriosamente. As familias participantes serán os investigadores que deberán descubrir a verdade. A través de pistas, testemuños e interrogatorios, teñen que analizar os motivos e as coartadas dos diferentes sospeitosos ata dar coa persoa culpable. Unha actividade familiar na que a observación, a dedución e o traballo en equipo serán fundamentais para resolver o misterio, mentres descubrimos como era a vida cotiá nunha vila romana.

Domingo · 11:30h · Duración 120 min

Próxima cita: Domingo 15 nov · 11:30hReservar
Obradoiros cultura galaicoromana - Villa romana de Toralla

Obradoiros cultura galaicoromana - Villa romana de Toralla

Os obradoiros de cultura galaico-romana ofrecen aos nenos e nenas de 7 a 12 anos unha oportunidade para descubrir o noso pasado dun xeito divertido e participativo. A través de actividades prácticas e creativas, achegaranse á vida cotiá, aos costumes e ás tradicións desta época. Unha experiencia para aprender, experimentar e descubrir a historia no Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo.

Sábado · 11:00h · Duración 90 min

Próxima cita: Sábado 14 nov · 11:00hReservar
Visita guiada á Vila Romana de Toralla

Visita guiada á Vila Romana de Toralla

Sábado · 11:30h · Duración 60 min

Próxima cita: Venres 13 nov · 16:30hReservar