GALICIA · ARQUEOLOXÍA

Xacemento arqueolóxico de O Castro

Na ladeira Oeste do Monte de O Castro, atopamos o Xacemento Arqueolóxico do Castro de Vigo.

Monte do Castro, 36203 Vigo Visita guiada

ARQUEOLOXÍA · HISTORIA

O legado dun pobo ancestral

Na ladeira Oeste do Monte de O Castro, atopamos o Xacemento Arqueolóxico do Castro de Vigo. As escavacións efectuadas ao longo do pasado século permitiron recuperar unhas vinte construcións e numerosas estruturas escavadas na rocha correspondentes a canles, pías, buratos de poste, etc. Os restos escavados son unha pequena parte dun poboado castrexo que se estendería polas abas do monte, habitado entre o século III a.C. e o século III d.C.

ARQUEOLOXÍAGALICIAPATRIMONIOHISTORIA
Patrimonio Vigo

Foi abandonado voluntariamente, probablemente polo traslado dos seus habitantes á zona do Areal. Baseándonos na información proporcionada polo xacemento e por outros castros similares, reproducíronse tres edificacións que ilustran un momento inicial da ocupación romana, o cal permiten aos visitantes facerse a compresión acerca de cómo era a organización interna e as estruturas destes poblados galaicos ocupados desde a Idade do Ferro ata ben entrada a Época Romana

Galería

Imaxes do espazo

Visita

Información práctica

Enderezo

Monte do Castro, 36203 Vigo

Leaflet Tiles © Esri

Mapa interactivo mostrando a ubicación de Xacemento arqueolóxico de O Castro. Usa as teclas de frecha para desprazar o mapa.

Ver en Google Maps →

Experiencias relacionadas

Completa a túa visita

01

Visita ao Xacemento arqueolóxico de O Castro

Reservar visita
02

Visita ao Xacemento Arqueolóxico e Fortaleza de O Castro

Visita conxunta aos dous equipamentos: A historia de Vigo está fondamente ligada ao monte do Castro, onde se poden ler as diferentes capas da Historia. Nesta actividade, o alumnado realizará unha inmersión na historia deste lugar, un espazo estratéxico desde hai máis de dous mil anos. A través de visitas e propostas adaptadas a cada idade, descubriremos como vivían a civilización castrexa e como se adaptaron á chegada dos romanos, e achegarémonos á importancia de Vigo e da súa contorna como espazo de intercambio e comercio internacional nese momento. Tamén descubriremos o seu sistema defensivo do século XVII, como se reflectiron neste lugar os conflitos e guerras entre potencias europeas e como, ao longo dos séculos, se foi transformando ata converterse nun dos grandes espazos verdes e históricos da cidade. Horario da actividade en periodo lectivo: de martes a venres de 10:00 a 13:00 horas. Duración da actividade 3 horas. Grupos de ata 50 alumnas/os. 25 por monitor, hai 2 monitores. Inclúe parada para a merenda. A actividade suspenderase en caso de alerta meteorolóxica.

Reservar visita
03

Visita á Fortaleza e ao xacemento arqueolóxico de O Castro

Visita conxunta aos dous equipamentos: A historia de Vigo está fondamente ligada ao monte do Castro, onde se poden ler as diferentes capas da Historia. Nesta actividade, o público realizará unha inmersión na historia deste lugar, un espazo estratéxico desde hai máis de dous mil anos.

Reservar visita

Mantente informado

Únete á nosa lista de correo e recibe a programación mensual.