
Neste xacemento arqueolóxico pode visitarse unha “Vila a Mare” romana de tipoloxía atlántica, que serviu de residencia para unha familia galaico-romana de elevado status entre fins do Século III e inicios o Século V d.n.e. Trátase dunha residencia unifamiliar dotada, na súa Pars Urbana ou doméstica, de elementos de luxo e prestixio que nos permiten facernos unha idea clara sobre o elevado status socioeconómico do que gozaban os seus propietarios.










