
Un monte con longa historia
Nas súas ladeiras existiu un poboado castrexo fundado arredor do século III a. n. e., que permaneceu activo ata o século III d. n. e. Máis tarde, no século XIII, construíuse o Castelo do Penço, relacionado cos conflitos feudais entre o conde de Camiña, Pedro Madruga, e o arcebispo de Santiago. A fortaleza actual comezou a construírse entre 1663 e 1664, no contexto da Guerra de Restauración Portuguesa, que enfrontou Portugal e España entre 1640 e 1668. Vigo converteuse entón nunha praza militar debido ao temor a posibles ataques portugueses e ás ameazas marítimas de potencias como Inglaterra. A construción das fortificacións da cidade desenvolveuse principalmente entre 1656 e 1665.











